iPads y Autismo
DictaPicto é unha app que traduce mensaxes de voz ou
escritos a pictogramas de forma inmediata. Está pensada para persoas con
autismo ou aquelas que utilicen sistemas pictográficos co fin de mellorar a súa
comunicación.
Tal e como os seus creadores sinalan, o seu obxectivo principal é “mellorar
o acceso á información ás persoas con TEA e facilitar a comprensión da contorna
con independencia de que as persoas que rodean á persoa con TEA coñezan os
sistemas de comunicación aumentativos e alternativos.” A súa utilidade reside en
que permite anticipar e secuenciar actividades da vida diaria de forma flexible
e en diferentes momentos e facilita a interacción do usuario coa súa contorna.
Puidemos ver unha demostración práctica do seu uso e a verdade é que nos
encantou porque tanto a contorna gráfica como a interacción co usuario á hora
de utilizala son moi sinxelos e prácticos. As funcionalidades que presenta
a app son varias: tradución de voz a pictogramas, xestión de traducións,
arquivo de traducións, xestión de vocabulario, recoñecemento de voz e
personalización.
A efectos prácticos a app resulta unha ferramenta moi útil para
comunicación ao instante, para realizar unha anticipación, para explicar un
cambio de plans, preparar normas ou crear historias sociais sinxelas. Esta é
unha app que ademais permitirá que o usuario poida mellorar a súa interacción
ademais de coa contorna familiar, co escolar e o social.
Por agora só está desenvolvida para Android pero, segundo explicáronnos as
súas creadoras, en breve sairán actualizacións con melloras e estase preparando
a versión iOs.